17 de abril de 2018
Fomento do autoemprego e das iniciativas empresariais en Galicia Anima Galicia é un programa que está desenvolvendo Acción contra el Hambre co financiamento do Fondo Social Europeo e a Fundación Incyde. O seu obxectivo é o fomento da inclusión no mercado laboral de, entre outros, os rapaces e as rapazas da provincia da Coruña que queiran poñer en marcha o seu negocio.
Que ofrece?
• Itinerarios formativos para mellorar e adestrar as competencias técnicas e emprendedoras.
• Asesoramento individual para realizar o seguimento técnico da idea de negocio
• Acompañamento de mentoring
• Recursos (manuais e guías prácticas) para o apoio no proceso de emprendemento
• Acceso ao financiamento a través dun fondo de microcréditos
Onde se realiza?
Centro Cívico de Labañou. R/ Colombia s/n, baixo, 15011, A Coruña
Queres participar?
Inscríbete en: https:// goo. gl/ forms/ khAilb3 AgmX3 Jujs2, ponte en contacto con Tamara Rodríguez (Técnica de Emprendemento) no correo-e trodriguez@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 689 072 159.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible