Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2016

PROXECTO DE MELLORA DO CAMIÑO MUNICIPAL 40MM001 DE FEÁNS A CASTRO DE ELVIÑA , PROMOVIDO POLO CONCELLO DA CORUÑA DENTRO DO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS 2016

O Camiño de Campos, unha senda rural que une as dúas bandas da parroquia de San Vicente de Elviña (Feáns-Mesoiro co Castro), foi secularmente a vía de comunicación entre os veciños e veciñas desta contorna, e cumpría recuperala tamén agora para o lecer e esparcemento nunha das contornas naturais mais senlleiras do Concello.

Con este motivo, en  outubro de 2016 finalizouse a obra de posta en valor do Camiño de Campos, sobre o que se densenvolveron diversas actuacións , como a renovación do firme, a sinalización informativa da senda -na que se pon en valor o patrimonio natural e cultural da mesma--, a instalación dunha varanda de madeira xunto ao treito situado á beira do río, ou a plantación de árboles autóctonas. O Goberno local tamén procedeu á instalación aparcadoiro de madeira para biclicletas na contorna do centro cívico de Feáns coa finalidade de promover a mobilidade sostible no barrio.

O Camiño de Campos discorre paralelo ao Rego de Feáns, unha das zonas de maior biodiversidade do concello como así ao acredita o Mapa da Biodiversidade. A restauración deste camiño baixo criterios de restauracion ambiental, exemplifica como o lecer en contornas naturais é compatible coa conservación da natureza e nos proporciona ás persoas espazos de oportunidade de contacto coa natureza no nucleo urbán.

Esta obra desenvolveurse dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, aprobado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión