23 de xaneiro de 2026
O prazo de reclamacións irá do luns 26 de xaneiro ata o venres, 6 de febreiro, ambos os días incluídos.
O Concello da Coruña publicou hoxe, venres 23 de xaneiro de 2026, as listas provisionais de solicitudes seleccionadas, en espera e excluídas do programa Bolsas Norteamérica 2026-27.
As listas poden consultarse na páxina coa información do programa, dentro do apartado "Documentos relacionados": Bolsas Norteamérica 2026-27
Ábrese un período para presentar posibles reclamacións, que irá do luns 26 de xaneiro ata o venres, 6 de febreiro, ambos os días incluídos. Unha vez concluído ese prazo a Comisión de Valoración realizará unha nova reunión para elaborar as listas definitivas.

5 de marzo de 2026

31 de xaneiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible