Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2026

Publicadas as listas provisionais de solicitudes seleccionadas, en espera e excluídas do programa Idiomas do Mundo 2026

Como se establece nas bases do programa ábrese un período de dez días hábiles (do 11 ao 28 de abril) para a presentación de posibles correccións e emendas.

O Servizo de Educación do Concello da Coruña publicou onte, xoves 9 de abril, as listas provisionais de solicitudes admitidas para o programa municipal Idiomas do mundo. Verán 2026 , que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto do próximo verán.

As listas, que se poden consultar na páxina do programa, inclúen a relación de solicitudes admitidas, ás que se lles propón a concesión de praza, as solicitudes que, aínda cumprindo os requisitos esixidos, non obteñen praza por insuficiencia de puntuación, as cales pasarán á "lista de espera" e, finalmente, aquelas solicitudes desestimadas e excluídas, coa expresión da súa causa.

Coa publicación das listas ábrese un prazo de dez días hábiles, do 10 ao 23 de abril, ambos os días incluídos, para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións. Transcorrido devandito prazo, a Comisión de Valoración examinará as alegacións presentadas e realizará un informe final, que elevará ao órgano instrutor, para que proceda a elaborar a proposta de resolución definitiva.

Programa de inmersión lingüística Idiomas do Mundo

O programa Idiomas do Mundo ofrece, ao alumnado matriculado en 1º de bacharelato nun centro educativo do termo municipal, a oportunidade de realizar un curso de inmersión lingüística dun mes nunha localidade da República de Irlanda e profundar no dominio da lingua inglesa e un coñecemento real da vida e da cultura do país.

A falta da confirmación definitiva as datas probables da estancia en Irlanda serán do 26 de xullo ao 23 de agosto.

Máis información na páxina do programa: Idiomas do mundo. Verán 2026

Documentos relacionados

  • Idiomas do mundo. Verán 2026 - Lista provisional de solicitudes seleccionadas, en espera e excluídas (642 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión