10 de marzo de 2017
Actividades lúdicas para menores de 4 a 12 anos, nos centros cívicos municipais durante as vacacións escolares de Semana Santa.
Recuncho do xogo ofertarase nos centros cívicos que se enumeran a continuación, do 10 ao 12 de abril.
O horario xeral será de 10.00 a 13.30 h. Nos centros sinalados cun asterisco (*), existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9.00 a 14.30 h.
Preinscrición
Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.
Ofertaranse 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE), en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio para tarefas pedagóxicas, pero non acometerá funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.
Nesta páxina, premendo en "detalles da noticia", podes descargar o folleto de preinscrición.
Sorteo público
27 de marzo ás 20.15 h, en cada centro cívico. O sorteo das prazas de NEE realizarase no centro cívico de Labañou.
Os nenos e nenas que soliciten praza de NEE terán unha numeración e un sorteo propio.
Publicación da lista provisional de admisións e reservas
3 de abril. Poderanse consultar no centro cívico correspondente, nesta páxina web e no teléfono 010.
Custo
Horario xeral: 7 € por persoa participante
Horario ampliado: 11 € por persoa participante

14 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible