Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2024

Rematan os traballos de creación do mural dedicado á escritora Luísa Villalta

O mural, obra da autora Lidia Cao, foi promovido por Gadis en colaboración co Concello da Coruña

Remataron os traballos de creación do mural dedicado a Luísa Villalta, promovido polo Concello e Gadis, en homenaxe á escritora co gallo das Letras Galegas. A autora é Lidia Cao, unha das muralistas máis recoñecidas da actualidade e cuxas obras están espalladas por diferentes localidades galegas. 

Trátase dunha peza de 5 metros de alto e 7 de ancho realizada con pintura plástica exterior. Nela represéntase unha composición de dúas imaxes da escritora. Unha sentada enriba dun montón de libros cun caravel na man da mesma cor que as páxinas dos libros, simbolizando a vertente crítica e política de Villalta. Co predominio do azul e o mar tanto no fondo como na vestimenta da escritora. Esta conxúgase cunha imaxe en primeiro plano de Luísa, na que se representan as súas faccións e mirada tan características e persoais da escritora. Unha particular interpretación desta artista galega con proxección nacional e internacional.

"Pintar este mural significou pintar un anaquiño da historia de Luísa, nun lugar privilexiado. Poder ter contacto coa propia familia foi moi enriquecedor. Que a súa irmá me comentase que tiña os ollos verdes foi revelador para poder representar algo que para min é moi importante, como a mirada", sostén Lidia Cao, quen tamén incidiu en que "me gustou moito poder sentirme tan libre á hora de expoñer o meu punto de vista artístico, o lugar escollido e todo o proceso". 

A localización escollida por Gadis en colaboración co Concello da Coruña, está pensada para que milleiros de persoas poidan visualizar o mural nunha zona tan transitada como é o Paseo Marítimo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión