21 de marzo de 2019
Segue ao vivo a retransmisión, desde o Teatro Rosalía Castro, da gala dos premios do teatro galego!
Un total de doce espectáculos finalistas competirán polos galardóns. Commedia, de Contraproduccións, opta a un total de 12 premios do teatro galego; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, é finalista en 7 categorías, e A leituga, de Emedous, aspira a acadar 5 galardóns.
Ademais, outras pezas como Invisibles, de Redrum Teatro, e A Casa O'Rei, de Ibuprofeno Teatro, optan a 4 premios. A obra O servidor de dous amos, de Talía Teatro, é finalista en 3 modalidades, mentres que montaxes coma #Camiños, Anatomía dunha serea, ou A nena e o grilo competirán en 2 categorías. Completan o cadro de finalistas Arnoia Arnoia, Contos do Recreo e Patapatúm.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible