Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

11 de decembro de 2020

Rey propón un pacto de cidade entre as distintas administracións para afrontaren os retos do Porto

A alcaldesa asistiu á toma de posesión do novo presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, en que asegurou compartir con el a visión de traballarmos xuntos de cara a impulsar o futuro da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na toma de posesión do novo presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, en que propuxo un pacto entre todas as administracións competentes para que A Coruña volva ser a cidade máis importante do noroeste peninsular: "É inaprazable afrontarmos os retos que supoñen a desafectación dos peiraos, o impulso do Porto Exterior e o futuro deseño da fachada marítima". Rey recomendou tratar estes proxectos tan decisivos para o futuro da Coruña "coas luces longas e os egos curtos" xa que transcenderán máis aló dos nosos respectivos mandatos. Neste aspecto, a rexedora sinalou a intención de deseñar unha fachada marítima aberta á cidadanía, ás persoas visitantes e á economía azul, "con espazos verdes referentes, calidade urbana, equipamentos públicos e actividade económica".

Para chegarmos á estación termo da nova Cidade-Porto, "debemos revisar os acordos de 2004 e, sobre todo, solucionarmos problemas financeiros e lograrmos a conexión ferroviaria con Langosteira". É por iso que desde o  Concello convocaron xa á Autoridade Portuaria, Portos do Estado, Xunta, Deputación Provincial e Adif para abordaren de forma conxunta os pasos a seguir de cara a avanzar nestas cuestións. Rey asegurou compartir con Fernández Prado a visión de traballaren xuntos pola cidade, logo de coincidir horas no salón de plenos "onde nos unía o desexo de impulsar A Coruña". Esta visión, engadiu, é a que debemos ter sempre presente á hora de xestionar os nosos respectivos ámbitos, chamados a se entenderen por razóns históricas, económicas e identitarias: "Se as institucións imos xuntas, A Coruña prosperará".

A alcaldesa recordou que dous milenios de historia común non cambiaron unha premisa básica como é que "a prosperidade económica da Coruña depende en gran medida de que o Porto siga mantendo a súa actividade mercantil, o seu nervio pesqueiro e o seu transporte marítimo". Ao acto asistiron tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado de Goberno, Javier Losada; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente de Portos do Estado, Francisco Toledo; e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, entre outros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión