Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2019

Rey recibe a Rebeca Garrán no salón de plenos tras gañar o campionato nacional de Jiu-Jitsu

A alcaldesa e o concelleiro Juan Ignacio Borrego déronlle ánimos de cara ao mundial que terá lugar a semana que vén e do que a deportista espera volver con medalla

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta mañá no salón de plenos a Rebeca Garrán, recente campioa de España en jiu-jitsu. A rexedora destacou que a deportista ten máis mérito aínda por gañar a competición contra unha contrincante que xogaba na casa e por facelo despois de superar unha grave lesión de ombro. Pola súa parte, a moza coruñesa, que dixo estar moi agradecida, viaxará a semana que vén a Abu Dhabi (Emiratos Árabes), onde espera conseguir medalla no mundial: "Oxalá, porque sería conseguir un soño", sinalou. No acto tamén estivo presente o seu adestrador Alejandro Álvarez e o seu sensei Bernardo Romay.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión