Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2020

Rey valora que o Goberno central salde por fin dúas demandas históricas como o dragado da ría e a estación Intermodal

A alcaldesa mostrouse satisfeita polo compromiso inversor do Estado coa Coruña, aínda que agarda que se poida mellorar de aquí á aprobación definitiva dos Orzamentos Xerais

A alcaldesa, Inés Rey, declarou este mediodía que o Goberno local está razoablemente satisfeito con este borrador de Orzamentos Xerais do Estado que se avanzou onte desde Madrid ao se confirmar partidas importantes para a cidade como son a dragaxe da ría do Burgo e a estación Intermodal, "dúas demandas históricas que por fin teñen a súa traslación real ás partidas centrais". Rey apuntou que isto non quere dicir que haxa partes que non poidan ser mellorables, "é un primeiro borrador e agardamos que durante a tramitación dos orzamentos ata a súa aprobación se poidan introducir melloras que completen aínda máis o compromiso inversor do Estado coa Coruña". Rey explicou que "logo dos tres millóns de euros que o PP destinou en todo o seu mandato ao plan de recuperación da ría, a partida inicial deste goberno contempla 20 millóns para a súa rexeneración e 18,6 millóns para a Intermodal, unha cifra que nada ten que ver cos 1,2 millóns de euros dirixidos polos populares a esta infraestrutura en 2015 e 2016, e moito menos coa nula previsión de 2017 e 2018".

A rexedora recordou o compromiso social do Goberno central cun investimento de 494 millóns de euros en políticas e en axudas ás persoas autonómas e aos ERTES xunto aos máis de 2.057 millóns de euros para créditos ICO co fin de que as Pemes e as/os autónomas/os manteñan o tecido produtivo e económico do país. Rey engadiu que "despois de oito anos en que o goberno do PP obviou as necesidades da cidade, vemos agora o resultado neste borrador que esperamos que sexa mellorado".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión