Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2015

RUFO´S surfboards tribute. Actividades e proxección películas de surf

Surfilmfestibal, o evento de cultura de surf, arrinca unha nova aventura na súa edición número 13: SurfilmTOUR. Catro paradas nalgunhas das mecas do surf do Cantábrico, levando o mellor do cine de surf a un público máis amplo.

A Coruña, 11 de xullo

PROXECCIÓN en: Cúpula do Matadoiro (antiga leira de Mariño) 22.30 h.

Tamén se realizarán durante o día as seguintes actividades:

  • 12:00 h. Praia do Orzán -RUFO´S surfboards tribute (homenaxe á primeira e lendaria marca de táboas de surf feitas en Galicia nos 70 e aos Pioneiros).
  • 17:00-19:00 h. OBRADOIROS DE STOP MOTION en: CÚPULA DO MATADOIRO.

Filmes

La primera ola

Dir. Pedro Temboury. España. 2015. 70 min.

La primera ola, o documental producido por Canal+ e Vans, céntrase en sete momentos moi representativos dos principios do surf en España. Historias como a de Félix Cueto, un rapaz de Oviedo que fai unha táboa baseándose nunha portada dos Beach Boys e surfea por primeira vez no 62 ou a historia da comuna hippy-surfeira de Casa Lola, nos setenta, que foron pioneiros fabricando táboas de calidade no noso país. O nacemento do surf no Mediterráneo ou como as Illas Canarias se converteron no Hawaii atlántico...

O Fillo do Pescador

Dir. Chris Malloy. US / Chile. 2015. 25 min.

É a historia de Ramón Navarro, o fantástico surfeiro chileno de grandes ondas e activista comprometido coa protección das súas ondas, da súa costa, do seu ecosistema. Un biopic que narra a súa relación co mar, coa pesca e coa súa contorna, claves para entender o seu compromiso con Pichilemu, a vila onde naceu e onde vive.

Curtametraxes

True Giant -Motomichi Nakamura - 1.42 min -   Animación - UK (Gran Bretaña). Cando un baleeiro atopa un montículo de carne asomando na superficie do océano, dan por feito que se trata dunha balea e disparan, espertando así a ira do verdadeiro xigante.

Current Scenes - Chris de Krijger e Joris Klein - 4 min - Ficción – Netherlands (Países Baixos).

Nunha casa deserta onde unha vez viviu o artista as memorias disípanse, a natureza apodérase e a choiva alimenta a flora e a fauna.

Timber - Nils Hediger - 5.35 min - Animación – Switzerland (Suíza). Un grupo de troncos está a piques de morrer de frío nun deserto xeado. Cando se decatan de que o único combustible para o lume son os seus propios corpos, a cousa empeza a quentarse.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión