Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de maio de 2025

Saen a concurso as obras da nova fase de renovación da fachada do CEIP María Pita, en Elviña

O Concello destinará máis de 100.000 euros á intervención no centro educativo

Esta semana, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras correspondentes á nova fase de renovación das carpinterías exteriores do CEIP María Pita, en Elviña.

Esta actuación recolle tres fases diferenciadas nas diversas partes da fachada do centro educativo, co obxectivo de substituír a súa envolvente e acondicionar o edificio termicamente. A primeira destas fases, no sector leste do colexio, rematou no ano 2022. Agora, está previsto actuar na súa cara oeste, onde se lle dará continuidade ao plan de traballos previsto, cun investimento de máis de 100.000 euros.

"O Concello traballa a diario para atender as necesidades dos centros educativos da cidade. Escoitamos as demandas dos seus equipos directivos e, pese a que as competencias en materia de obras e infraestruturas son da Xunta de Galicia, estamos facendo todo o que está na nosa man para poder responder ás necesidades dos colexios coruñeses, moitas veces suplindo a falta de investimentos doutras administracións", dixo a alcaldesa, Inés Rey.

No que vai de ano, o Goberno municipal completou actuacións de renaturalización no patio exterior do Ramón de la Sagra e, actualmente, están en execución as obras de remodelación da pista exterior do CEIP Víctor López Seoane.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión