Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2026

Saen á venda as entradas para o espectáculo internacional ‘Piaf! The Show’

A obra, homenaxe á cantante francesa Edith Pìaf, chegará o 18 de marzo ao Teatro Colón logo de percorrer os principais escenarios do mundo. A da Coruña será a estrea da producción en España

O próximo 18 de marzo, o Teatro Colón acollerá un dos espectáculos musicais franceses de máis éxito dos últimos anos, Piaf! The Show. Cunha posta en escena única e envolvente, dirixida por Gil Marsalla e interpretada pola cantante Nathalie Lermitte, esta obra percorre os fitos da vida de Edith Piaf, unha das voces máis influentes do século XX en Europa.

As entradas saen á venda hoxe, 15 de xaneiro, a través de Ataquilla.com. Piaf! The Show pasou por algúns dos principais escenarios e óperas do mundo, desde Washington ata Sydney, cun total de 1.000 representacións en máis de 50 países e máis dun millón de persoas espectadoras acumuladas. O pase na Coruña será o inicio de xira desta produción en España.

Actualmente, a peza está inmersa nunha intensa xira internacional con motivo da celebración do 110 aniversario do nacemento de Edith Piaf, de quen a propia Lermitte dixo que é unha figura "que influíu en todas e todos os artistas", tanto homes como mulleres. Piaf deixou unha pegada indeleble na historia da música polo seu inigualable talento, marcado por unha poderosa voz que inmortalizou pezas fundamentais como "La vie en rose" ou "Non, je ne regrette rien", entre moitísimas outras.

A coidada escenografía de Piaf! The Show está meticulosamente articulada para transportar as/os espectadoras/es aos lugares máis relevantes da biografía da vocalista, desde o barrio de Montmartre ata o Olympia de París, onde Piaf asinou algunhas das súas actuacións máis memorables. "A chegada deste tipo de espectáculos de primeiro nivel mundial é unha mostra de que desde o goberno de Inés Rey se está realmente potenciando e dinamizando o perfil da Coruña como faro cultural de Galicia. Os e as grandes artistas queren pasar por aquí porque saben que o público entende e valora o talento", apuntou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión