Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de febreiro de 2024

Saen á venda as entradas para o novo espectáculo de Pedro Ruiz, ‘Mi vida es una anécdota’, que terá lugar no Teatro Colón o día 18 de outubro

O artista barcelonés actuará na Coruña no segundo semestre de ano, subíndose ás táboas para achegarlle ao público múltiples anécdotas en formato de monólogo, con cancións propias, parodias e poemas

O Teatro Colón acollerá o venres 18 de outubro o novo espectáculo de Pedro Ruiz, 'Mi vida es una anécdota', que chegará á Coruña no segundo semestre deste ano.

Ruiz, un artista polifacético coñecido polos seus anos como presentador televisivo e radiofónico, sube ás táboas nunha función única e exclusiva, na que achegará múltiples anécdotas divertidas e insospeitadas entre cancións propias, parodias e poemas nun ambiente íntimo e persoal. Todas, contadas ou interpretadas desde a verdade, mais coa parodia ou esperpento das personaxes aludidas.

'Mi vida es una anécdota' terá lugar o 18 de outubro (20.30 horas), reforzando así a programación de eventos culturais e de ocio previstos este ano na cidade, baseándose na colaboración establecida polo Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.

As entradas para asistir ao show xa están á venda desde este xoves 8 de febreiro, cun custo que vai dos 25 aos 32 euros en función da localidade escollida. Pódense adquirir a través da web de Ataquilla, así como no despacho de billetes do IMCE sito na praza de Ourense. O seu horario de apertura é de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión