Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2017

Samaín nos centros cívicos municipais

Consulta aquí as datas das festas e dos talleres

Desde finais de outubro os centros cívicos organizan as súas festas infantís de Samaín. A entrada ás festas é gratuíta e con invitación.

Durante as festas, todos os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta. Os días das festas son os seguintes:

  • Mércores, 25 de outubro no centro cívico San Diego
  • Xoves, 26 de outubro nos centros cívicos de Elviña e Monelos
  • Venres, 27 de outubro no cento cívico de Rosales
  • Sábado, 28 de outubro nos centros cívicos de Monte Alto, Os Mallos, Eirís e Labañou
  • Domingo, 29 de outubro no centro cívico Cidade Vella
  • Martes, 31 de outubro no centro cívico Castrillón
  • Sábado, 4 de novembro no centro cívico Feáns
  • Domingo, 5 de novembro, organízase a festa do centro cívico de Mesoiro. A festa realizarase no pavillón municipal de Novo Mesoiro

Ademais nos seguintes centros, realizaranse talleres de caretas e maquillaxes de Samaín. Consulta nos centros cívicos os días de inscrición.

  • Centro cívico de Palavea, venres 27 de outubro de 16.30 a 18.00 h
  • Centro cívico de Novoboandanza, sábado 28 de outubro de 17.00 a 19.00 h

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión