Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2023

Scientix premia o Día da Ciencia na Rúa

A comunidade para o ensino das ciencias en Europa destaca esta feira científica na categoría «STEM influencers»

Scientix, a comunidade para o ensino das ciencias en Europa, acaba de premiar na categoría «STEM influencers» o Día da Ciencia na Rúa, a feira de ciencia que cada ano o Concello da Coruña organiza a través dos seus Museos Científicos coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, EMALCSA e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Este galardón recoñece o impacto e alcance social de proxectos de fomento da cultura científica en toda Europa. No caso do Día da Ciencia na Rúa valorouse a continuidade desta feira científica, decana en España con 27 edicións, e a participación de máis de 1300 persoas entre alumnado, docentes e persoal voluntario, así como unha afluencia media de 20.000 persoas en cada edición.

Proxecto Make it open

Para lograr este premio tamén foron decisivas as achegas no Día da Ciencia na Rúa de varios centros educativos que participan no proxecto Make it open, unha iniciativa financiada pola Comisión Europea que busca introducir nas aulas a filosofía do movemento maker. Na feira coruñesa participaron 50 docentes e 350 escolares de sete centros procedentes das provincias da Coruña e Pontevedra, que amosaron ao público os seus proxectos de tecnoloxía aberta. Precisamente será unha das profesoras participantes en Make it open, Elena Bascuas, do IES Menéndez Pidal da Coruña, a que recolla o premio en nome do Día da Ciencia na Rúa. O premio entrégase o sábado 17 de xuño no Future Classroom Lab de Bruxelas, dentro do 40th Science Projects Workshop.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión