Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2026

A proposta gañadora coñecerase no terceiro trimestre deste ano

Seleccionados os cinco equipos finalistas do concurso para elaborar o Máster Plan do proxecto Coruña Marítima

Os cinco equipos reúnen 28 empresas participantes e colaboradoras, 13 delas con sede ou oficinas en Galicia

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación futura do porto e a cidade coa selección dos cinco equipos finalistas de entre as 14 candidaturas válidas que se presentaron ao concurso.

A valoración da documentación presentada permitiu obter unha clasificación conforme aos criterios obxectivos establecidos no prego, como o currículo do equipo, a experiencia en proxectos similares e os recoñecementos profesionais dos seus integrantes presentados na oferta.

Os finalistas agrupan un total de 28 empresas participantes e colaboradoras, das cales 13 contan con sede ou oficinas en Galicia.

Os cinco equipos clasificados (segundo orde de chegada das ofertas) son:

EMPRESAS QUE FORMAN AS UTES SELECCIONADAS:

EMPRESAS PARTICIPANTES CON OFICINA OU SEDE EN GALICIA:

EMPRESAS PARTICIPANTES SEN OFICINA EN GALICIA:

-TÉCNICA Y

PROYECTOS S.A.

(TYPSA)

-RSHP ARCHITECTS

SLP

Empresas da UTE:

-TÉCNICA Y PROYECTOS S.A. (TYPSA)

Empresas da UTE:

- RSHP ARCHITECTS SLP

Empresas colaboradoras:

-ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN, S.A.

-MONTEOLIVA ARQUITECTURA, S.L.P.

Empresas colaboradoras:

-ESTUDIO JURÍDICO

 EJASO, S.L.

 

-JUNQUERA ARQUITECTOS SLP

-WEST 8 URBAN DESIGN & LANDSCAPE ARCHITECTURE B.V.

-EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA, S.L.

-SENER MOBILITY, S.A.

-NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV

Empresas da UTE:

-EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA, S.L.

Empresas da UTE:

- JUNQUERA ARQUITECTOS SLP

-WEST 8 URBAN DESIGN & LANDSCAPE ARCHITECTURE B.V.

-SENER MOBILITY, S.A.

-NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV

 

Empresas colaboradoras:

-DESENVOLVEMENTO LOCAL GALEGO, S.L.

-LUMIEIRA GESTIÓN URBANÍSTICA, S.L.

Empresas colaboradoras:

-PORT INSIGHT CONSULTING

-IDOM CONSULTING ENGINEERING - ARCHITECTURE, S.A.U.

-ZAHA HADID LIMITED

Empresas da UTE:

-IDOM CONSULTING ENGINEERING  ARCHITECTURE, S.A.U.

Empresas da UTE:

- ZAHA HADID LIMITED

Empresas colaboradoras:

-CALIXTO ESCARIZ

Empresas colaboradoras:

-WSP SPAIN-APIA, SAU

-BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP

-DÍAZ y DIAZ ARQUITECTOS SLP

Empresas da UTE:

-DÍAZ y DIAZ ARQUITECTOS SLP

Empresas da UTE:

- WSP SPAIN-APIA, SAU

-BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP

Empresas colaboradoras:

- GARCIA LEIS ABOGADOS S.L.

- ZOOHAUSS

Empresas colaboradoras:

-3XN COPENHAGEN A/S

-BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP

-OVE ARUP & PARTNERS S.A.U.

Empresas da UTE:

-BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP

Empresas da UTE:

--3XN COPENHAGEN A/S

-OVE ARUP & PARTNERS S.A.U.

Empresas colaboradoras:

- ANTEA IBEROLATAM, S.L.U.

Empresas colaboradoras:

- ESTRADA PORT CONSULTING

-Estratègies Socials per al Territori i els Espais Lliures ESTEL SCCL

-Pérez-Llorca Abogados, S.L.P.

Os equipos seleccionados dispoñerán dun prazo de catro meses para presentar as súas propostas. Desta forma, no terceiro trimestre deste ano prevese elixir a proposta máis adecuada, atendendo a criterios como a calidade técnica, a funcionalidade, os aspectos ambientais e económicos, así como a ordenación urbanística global. Nese momento xa se poderá ver unha primeira maqueta do proxecto.

O equipo gañador contará entón cun ano para desenvolver o plan director (Máster Plan) de Coruña Marítima, así como todos os anexos e documentos complementarios que figuran nas bases.

Elevada concorrencia

A elevada concorrencia e a calidade dos profesionais presentados ao concurso poñen de manifesto o interese que xera esta grande oportunidade para redefinir a relación entre a cidade e a súa fronte portuaria, e para impulsar unha transformación estratéxica que marcará o futuro da Coruña e do seu porto.

A posta en marcha do concurso é froito do consenso alcanzado no seo da Comisión Coruña Marítima, integrada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria da Coruña, ademais dos tres grupos políticos municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión