Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2025

"Ser pai e estar presente": a EIM A Caracola organiza un taller para familias sobre crianza masculina

O taller, gratuíto e de dúas horas de duración, será impartido por Raúl Rodríguez, experto en procesos e activista en temas de coidados e corresponsabilidade, e terá lugar o próximo 15 de maio na escola.

EIM A Caracola  organiza o vindeiro xoves 15 de maio, das 16.00 ás 18.00 horas, unha proposta de formación para familias baixo o título "Ser pai e estar presente".

Trátase dun taller gratuíto, de dúas horas de duración, no que Raúl Rodríguez (@raulprocesos), experto en procesos e activista en temas de coidados e corresponsabilidade cun longo currículo en formación de programas centrados no papel dos homes nos coidados e na crianza, incidirá nas claves para entender como ha de ser ese papel de proxenitores comprometidos nesta tarefa tan complexa e que non perpetuemos o modelo de crianza actual que xa sabemos leva tempo fallando.

Dende a escola convidan a acudir a todas aquelas persoas interesadas no tema, logo da inscrición previa a través do correo inscripcion@acaracola.com

Máis información sobre o taller

"Ser pai e estar presente" convida a reflexionar sobre a paternidade desde dous eixes:

  • Ser pai: ser papá é unha experiencia persoal, diversa, desafiante. Unha experiencia que pode chegar a transformar a túa identidade. Ser papá pode ser "deixar algo da túa identidade para transformarse noutra persoa". Tamén ser papá non deixa de ser unha construción social, que marca os nosos sistemas de crenzas sobre o que é e o que non é, e tamén como ten que ser. Este sistema de crenzas está influenciado pola nosa cultura, clase social, saúde etc. Ser papá tamén é un lugar de privilexios e de renuncias.
  • Estar presente: estar presente neste novo rol require un traballo profundo de revisión, de responsabilidade cos coidados, de corresponsabilidade, de cuestionamento continuo do lugar que ocupamos na crianza, de consciencia sobre como coidamos as relacións coas persoas coas que criamos, coas nosas fillas e cos nosos fillos. Estar presente require estar conectado connosco, coas nosas luces e sombras. Un "estado" difícil de ocupar debido a: as nosas resistencias, a nosa socialización no patriarcado, a interiorización dos nosos privilexios, as nosas crenzas sobre os conflitos etc.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión