1 de xuño de 2017
Dende as 07:00 horas do 30 de maio até as 07:00 horas do 1 de xuño
DELITO DE LESIÓNS
Ás 17:37 horas do 30 de maio, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladase á rúa San Agustín, onde ao parecer, estaba a producirse unha pelexa bastante violenta entre dous homes. No lugar, a dotación localizou a un home coa cara ensanguentada, que manifestou que acababa de ter unha pelexa con outro home, alí presente, na que lle ocasionara un corte na cara cun cutter ou similar. O outro implicado recoñeceu ter a pelexa pero non esta lesión. Unha testemuña presencial dos feitos recoñeceu á patrulla como vira claramente como un dos implicados propinaba un corte na cara ao outro. A dotación solicitou o apoio dunha ambulancia para unha primeira asistencia ao ferido, que finalmente decidiu o seu traslado ao CHUAC por mor da profundidade do corte, que necesitaba puntos de sutura. Así mesmo, a patrulla detivo ao suposto agresor, informándolle do motivo da detención, delito de lesións con arma branca, e quedou a disposición xudicial nos calabozos policiais.
DETIDO POR QUEBRANTAMENTO DE CONDENA
Ás 02:30 horas do 1 de xuño, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladase a un local sito na rúa Alcalde Lens onde, segundo informou a persoa que requiriu o servizo, atopábase, ademais dela, a súa ex-parella, da que tiña unha orde de afastamento. Xa no lugar, a dotación foi requirida por unha muller, que estaba a discutir cun home, que nese momento saíu correndo do lugar, pero foi interceptado pola patrulla uns metros máis adiante, na confluencias da rúa Andrés Gaos con rúa Barcelona. A muller, requirinte do servizo, explicou que a súa ex-parella acudiu ao local onde se atopaba ela e empezara a molestala e a insultala. A patrulla comprobou que o home tiña en vigor unha orde de prohibición de achegamento a menos de 300 metros da súa ex-parella, polo que procedeuse á detención do home.
CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 04:31 horas do 1 de xuño, unha patrulla deu o alto a un turismo, na confluencia da rúa Sol coa avenida Pedro Barrié de la Maza, e, ao apreciar que o condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, deu aviso ao equipo de Atestados. O condutor, un home de 36 anos e veciño de Oleiros, arroxou un resultado positivo (0,64 e 0,61 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, polo que poderá ser sancionado con 1000 € e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Audi A3, fíxose cargo un coñecido do condutor.
- Ás 04:40 horas do 1 de xuño, unha dotación deu o alto a unha motocicleta que circulaba pola rúa Sol, en dirección á avenida Pedro Barrié de la Maza e detectou que o seu condutor presentaba signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que solicitou a presenza do equipo de Atestados. O condutor, un veciño da Coruña de 30 anos, arroxou un resultado positivo (0,78 e 0,76 mg/l) nas probas de impregnación alcohólica, polo que se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Da motocicleta, da marca e modelo Fonda GL, fíxose cargo un coñecido do condutor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible