Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2021

Test de antíxenos gratuítos para as persoas participantes da C10

Nesta edición, a organización pon a disposición de todas as persoas participantes interesadas e de forma gratuíta a realización do test de antíxenos.

Esta edición da Carreira Popular Coruña10 cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos no contexto xerado pola COVID-19. Partindo do protocolo FÍSICOVID-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, e en función da evolución da pandemia, cúmprense as normas de prevención da COVID-19 que establecen as autoridades sanitarias neste momento.

A zona de realización de test estará situada no aparcadoiro do Palacio dos Deportes de Riazor no seguinte horario:

  • Xoves día 30 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas
  • Venres día 1 de outubro, de 17:00 a 21:00 horas
  • Sábado día 2 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

É preciso seleccionar o día de realización do test na seguinte ligazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión