12 de abril de 2024
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou o programa, que se desenvolverá entre abril e novembro
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou a programación do ciclo TRC Danza de Primavera e Outono, que está composto dun total de 13 obras contemporáneas que se representarán entre abril e novembro no Teatro Rosalía de Castro, agás unha delas, de contido infantil, que terá lugar no Fórum Metropolitano. Castro estivo acompañado por Jacobo Sutil, director do Agadic, e polo director do Rosalía, Paulo Rodríguez.
"O Goberno de Inés Rey volve apostar un ano máis por unha programación de danza de primeiro nivel, que volverá a un dos escenarios máis prestixiosos de Galicia como é o do Teatro Rosalía de Castro", indicou Gonzalo Castro. A programación de TRC Danza divídese nas temporadas de primavera, con oito funcións, e de outono, con outras cinco.
TRC Danza comezará o vindeiro venres 19 de abril con 'Anöa', de Elvi Balboa. Neste mes de abril realizaranse outras dúas sesións: 'Multiperspectivas#2' o venres 26 de abril e 'É difícil fotografar o baleiro' o sábado 27 de abril. En maio realizaranse as outras cinco funcións desta parte do programa, mentres que o ciclo de outono comezará en setembro.
Todas as funcións se representarán ás 20.30 horas e haberá, tal e como se indica no programa completo, dous prezos: unha de 12 euros e outra de 8 euros. Haberá tamén a posibilidade de adquirir abonos e bonificacións para diferentes colectivos, como é habitual. As entradas e abonos xa están á venda en Ataquilla e nos despachos de billetes da praza de Ourense e do propio Teatro Rosalía de Castro. Coa organización do TRC Danza colaboran o circuíto estatal Danza a Escena e Agadic.
Proxecto de mediación cultural
Desde o ano 2014 o Teatro Rosalía Castro acompaña o seu programa anual de danza TRC Danza cun proxecto innovador de mediación cultural e programación expandida. Este proxecto articula mecanismos de relación entre as e os artistas convidados e a cidadanía da Coruña coa intención de xerar un contexto na cidade que poña en valor a danza e as artes do movemento. A través de diferentes actividades, pensadas en colaboración con distintas comunidades e colectivos da cidade, poderemos coñecer de forma máis profunda os universos artísticos das compañías convidadas así como reforzar os seus vencellos coa nosa cidade. Colaboran co Concello nesta iniciativa o Centro Coreográfico Galego e o Agadic.
Tempada de Primavera 2024
Tempada de Outono 2024
24 de abril de 2024
18 de abril de 2024
9 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible