22 de marzo de 2021
Na Xunta de Goberno do Consorcio desta mañá, aprobouse a participación no padroado fundacional do Convention Bureau, da man do sector turístico, nunha colaboración público-privada que reforzará A Coruña como destino de referencia MICE no turismo de congresos. A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como “grandes avances tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe” e constatou “conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo de congresos”.
A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo aprobou formar parte na constitución do Convention Bureau A Coruña, unha fundación de promoción técnica especializada en reforzar a imaxe da Coruña como destino de referencia no turismo de congresos.
A alcaldesa, Inés Rey, valorou os acordos acadados hoxe como "grandes avances tanto para o progreso económico da cidade como para a súa imaxe" e constatou "conseguiremos posicionar A Coruña como un dos referentes nacionais do turismo de congresos".
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou que o crecemento e retorno deste turismo de congresos "suporá un importante impacto económico para a cidade". O concelleiro tamén apuntou que o feito de crear unha ferramenta de atracción de congresos e reunións de alto nivel á cidade "axudará a compensar a estacionalidade" e ao facerse xunto co sector turístico coruñés "resolve unha demanda histórica no avance da gobernanza compartida na promoción da nosa cidade e de impulso da actividade económica que implica", prioridades que a alcaldesa Inés Rey fixara como estratéxicas para desenvolver desde o Consorcio de Turismo.
O Plan estratéxico de Turismo 2017 - 2020 formuláballe ao Consorcio a creación do Convention Bureau baixo a figura de fundación de interese galego sen ánimo de lucro, no que o Consorcio será un membro máis, cumprindo cun dos seus fins que é favorecer a colaboración público-privada na xestión do turismo da Coruña e a cooperación con outras entidades turísticas da contorna.
A decisión de formar parte do padroado do Convention Bureau foi votada por unanimidade (como o resto de asuntos da orde do día desta Xunta de Goberno) e foi aplaudida e moi valorada nas distintas intervencións dos representantes do Consorcio: Cámara de Comercio, Autoridade Portuaria e PSdG, PP e Marea Atlántica.
A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo tamén lle adxudicou o contrato de promoción para a conexión aérea entre Alvedro e Bilbao á aeroliña Volotea e o da Coruña co aeroporto de Madrid á aeroliña Iberia, nos correspondentes procedementos de licitación.
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou que estas adxudicacións "estabilizarán a conexión aérea da Coruña co seu principal hub -Madrid- e co de Bilbao, na procura de enlazar Alvedro co sur de Francia", nuns tempos ben complexos para o futuro da navegación aérea nos que "Alvedro ten que reforzarse para volver canto antes á senda de crecemento que presentaba antes da pandemia".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible