29 de abril de 2022
O domingo 1 de maio, ás 23:59 horas, conclúen os prazos para poder participar na Baixada de San Pedro de Visma e tamén para incorporarse ao Circuíto Coruña Corre
Se es das persoas que aínda non se apuntaron ao Circuíto Coruña Corre ou á terceira proba do calendario deste evento, a XIII Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma, tes de prazo ata o vindeiro domingo, 1 de maio, ás 23:59 horas, para facelo.
A partir dese momento, pecharanse as inscricións tanto para a carreira de Visma como para o circuíto, ao que lle restan outras catro etapas.
Se xa te apuntaches a Coruña Corre, lembra que, se queres participar na proba do próximo 8 de maio en San Pedro de Visma, debes confirmar o teu concurso, tal e como recolle o regulamento.
Para figurar nas clasificacións finais de Coruña Corre é necesario participar en catro probas das sete do calendario.
O custo da inscrición para o circuíto é de 12 euros para maiores de idade, de 7 para as persoas que conten con bonificación (persoas desempregadas, maiores de 65 ou posuidoras do Carné Xove) e gratuíto para menores de 18 anos.
Se te inscribes por carreira e non ao circuíto, a cota é de 3 euros para maiores de 18 anos, 2 euros para quen teña bonificación e gratuíto para menores de idade.
Tamén está aberto o prazo para apuntáreste á IX Carreira Popular Os Rosales, que se realizará o 22 de maio. Neste caso, dispós de prazo ata o día 15 do mesmo mes ás 23:59 horas.
Despois da XIII Baixada Popular Cros San Pedro de Visma da próxima semana e a competición dos Rosales, Coruña Corre continuará coa Volta a Oza (11 de setembro), a Popular do Ventorrillo (23 de outubro) e a de Novo Mesoiro (27 de novembro).

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible