Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2022

Últimos días para inscribirse en Coruña10!

Se queres participar na sexta mellor 10K de España, débeste apuntar a ela esta semana (prazo ordinario), ou, como moi tarde, o luns 18 e martes 19, no prazo extraordinario

Coruña10 enfila a recta final do seu período de inscrición. A décimo sexta edición da carreira máis popular, a sexta mellor 10K de España segundo a Real Federación Española de Atletismo, ten aberto esta semana o prazo ordinario de inscrición cunha cota de 10 euros.

Podes formalizar a súa inscrición telematicamente ata o domingo 17 de abril ás 23.59 horas na web https://www.carreirasgalegas.com.

Ademais, dispós da opción presencial, neste caso ata o sábado 16, nos centros de El Corte Inglés da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, dentro dos seus respectivos horarios comerciais.

Posteriormente, o luns 18 de abril e o martes 19 habilitarase un prazo extraordinario cunha cota de 20 euros.

Se formalizas a inscrición de maneira anticipada, axudarás á organización na previsión dos recursos necesarios para a proba.

Para esta edición de Coruña10 superáronse xa as 2.300 inscricións, das que máis de 1.800 corresponden á proba absoluta.

Lembra que as inscricións das carreiras de menores (desde Peques a sub-18) son gratuítas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión