Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2023

Os xardíns acollerán o mércores actividades lúdicas e culturais durante todo o día para celebrar o Día das Letras Galegas

Un faladoiro con Sés e un concerto da artista centran mañá en Méndez Núñez os actos das Letras Galegas

Haberá unha lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego

A cantante Sés protagonizará mañá martes os actos centrais promovidos polo Concello da Coruña dentro da celebración da Semana C, que celebra o Día das Letras Galegas. Os xardíns de Méndez Núñez acollerán un faladoiro, no que será entrevistada polo xornalista Javier Becerra, para posteriormente ofrecer un concerto.

Tras o éxito de público desta fin de semana, as actividades desenvoltas polo Concello con motivo da celebración do Días das Letras Galegas volven mañá aos xardíns de Méndez Núñez. Ás 18.00 horas comezará un obradoiro para a elaboración de flores de coiro e ás 19.30 horas comezará o faladoiro con Sés. Tras esta conversa pública, a cantante ofrecerá, a partir das 21.00 horas, un concerto.

Será a cita previa á celebración do Día das Letras Galegas este mércores, cunha chea de actividades previstas nos xardíns de Méndez Núñez nas que se mesturarán literatura, artesanía, música, bailes tradicionais e que terá como acto central a lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego, persoeiro ao que está dedicado este día. Será ás 12.30 horas, aínda que os actos se iniciarán xa ás 11.00 horas e terán continuidade pola tarde a partir das 18.00 horas.

Ademais, as bibliotecas municipais proseguen coa súa programación especial para celebrar o Día das Letras Galegas. Hoxe a biblioteca de Monte Alto acollerá desde as 18.00 horas o obradoiro "Biografía ilustrada sobre Francisco Fernández del Riego", con Sheila García Prado, orientado a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos; e mañá a biblioteca de Durán Loriga levará a cabo, tamén desde as 18.00 horas, o encontro-obradoiro "Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade: cantigas, debuxos e pandeiretas", con David Carballal, para rapaces de entre 5 e 12 anos.

A celebración da Semana das Letras Galegas concentrou unha chea de xente esta fin de semana nos xardíns de Méndez Núñez, destacando os concertos de Radio Oceáno e Moura, ademais das rutas desenvoltas por Xurxo Souto, xunto cos diferentes obradoiros e faladoiros que tiveron lugar tanto o sábado como o domingo.  

O Concello celebra do 12 ao 19 unha semana das letras e as artes para amosar a creatividade e a produción cultural contemporánea dos creadores e creadoras locais, artellando un programa de actividades aberto a todos os públicos e que permita resaltar o carácter culturalmente vivo, innovador, participativo e divertido da Coruña.

Ademais, baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais programan desde o venres 12 un feixe de actividades ao longo dunha semana que terá como colofón o concerto do AgoraSón primavera "Os sons esquecidos", con Abraham Cupeiro, o venres 19 de maio, concerto organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e que conta coa colaboración das bibliotecas.

Programación

Luns 15

Biblioteca Monte Alto. 18.00 h. Obradoiro. Biografía ilustrada sobre Francisco Fernández del Riego, con Sheila García Prado (8-12 anos)

Martes 16

Biblioteca Durán Loriga. 18.00 h. Encontro-obradoiro. Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade: cantigas, debuxos e pandeiretas, con David Carballal (5-12 anos)

Xardíns de Méndez Núñez

18.00 h-21.00 h. Obradoiro: Elaboración de flores de coiro

21.00 h. Concerto: Sés

Mércores 17. Día das Letras Galegas

Xardíns de Méndez Núñez

11.00 h. Actuación da Aturuxo A.F.

11.30 h. Actuación da A.C. Donaire

12.00 h. Actuación da A.C. Son D´Aquí

12.30 h. Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego

13.00 h. Actuación de Cántigas da Terra

13.30 h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Chulísima con Aldaolado

18.00 h. Faladoiro: A Coruña Literaria, presentado pola A.C. Alexandre Bóveda. Participan Carmela Galego, Jorge Castro e M.ª Xosé Bravo.

18.00 h-21.00 h. Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro (2 quendas)

19.30 h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.

20.30 h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas)

Xoves 18

Biblioteca Castrillón. 18.00 h. Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos)

Biblioteca Ágora. 18.00 h. Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos)

Teatro Colón. 20.00 h: Concerto da Banda Municipal de Música

Venres 19

Biblioteca Fórum. 18.00 h. Contacontos. Contos para escoitar mentres bailamos un valse, co Caxoto (4-8 anos)

Centro Sociocultural Ágora.  21.00 h. Concerto AgoraSón: Os sons esquecidos, con Abraham Cupeiro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión