24 de outubro de 2023
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou a publicación, editada polo Instituto José Cornide co apoio do Concello
O salón de plenos do Concello da Coruña acolleu esta tarde a presentación do libro 'O ano no que A Coruña voltou a mirada a Picasso. A primeira homenaxe: 1971', editado polo Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide co apoio do Concello da Coruña. O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presidiu o acto xunto a Emilio Grandío e Ana Romero Masiá, autores da publicación.
"O Goberno de Inés Rey está totalmente comprometido coa cultura no seu conxunto e cos axentes culturais que serven para enriquecer a historia e o legado da nosa cidade", sinalou Gonzalo Castro. A publicación recolle textos de catro conferencias do pintor, acompañadas dunha reprodución do seu expediente escolar. Estes documentos recompiláronse en 1971, no 90 aniversario do nacemento de Picasso, pero non se publicaran ata hoxe.
"É agora, no 50 aniversario do seu cabodano, cando recuperamos aqueles textos da man do Instituto José Cornide, aos que agradezo que quixeran ser parte activa deste Ano Picasso", apuntou Gonzalo Castro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible