25 de xuño de 2026
O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu a entrega de trofeos das competicións de fútbol-8 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín
O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8 organizada pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC). A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto xunto ao concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e á concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, facendo entrega dos galardóns aos equipos destacados nas diferentes categorías.
A gala reuniu a centos de xogadores e xogadoras, familias e representantes dos clubs da cidade para poñer o broche final á tempada 2025/2026, recoñecendo o esforzo, a dedicación e o traballo desenvolvido ao longo do curso.
A alcaldesa incidiu en que "o deporte base é unha escola de valores e unha ferramenta clave para a formación das novas xeracións". Tamén agradeceu "o esforzo diario dos clubs e de todas as persoas que fan posible que o fútbol base continúe medrando na Coruña".
Durante o acto entregáronse os trofeos e medallas aos equipos participantes nas diferentes competicións, nunha cita que cada ano reúne a centos de deportistas e familias para celebrar o peche da tempada do fútbol base coruñés.

29 de maio de 2026

25 de maio de 2026

22 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible