Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xuño de 2024

Unha exposición repasa desde hoxe en María Pita a obra do pintor Cheché Martín

O concelleiro Gonzalo Castro destacou a calidade da obra dun artista moi vinculado á cidade e cunha ampla traxectoria

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta tarde a mostra antolóxica 'Cheché Martín. A vida nun trazo', que busca renderlle homenaxe á traxectoria do pintor coruñés. A mostra estará aberta á cidadanía, con acceso de balde, na sala de exposicións de María Pita ata o vindeiro 28 de xullo. O edil estivo acompañado de Rubén Ventureira, comisario da exposición, e Marita Carmona, filla do artista.

A exposición das súas pinturas enmárcase no centenario do nacemento do artista. "Na Coruña temos memoria e sempre que temos ocasión queremos honrar os nosos principais artistas, mais tamén queremos que a cidadanía descubra outros non tan coñecidos. Por iso a nosa alcaldesa Inés Rey quixo que María Pita acollese esta mostra tan singular de pinturas inéditas ata o momento", dixo Gonzalo Castro.

Castro agradeceu o traballo de investigación de Rubén Ventureira e Marita Carmona acerca da figura artística de Cheché Martín, a máis descoñecida ata o de agora, e a xenerosidade da familia do pintor e de Arsenio Iglesias por ceder as súas obras e diferentes documentos para a ocasión. A exposición estrutúrase en cinco partes: os seus inicios en América, os artistas europeos como froito de inspiración, o seu retorno a América, o regreso a España e os seus últimos anos.

A exposición fai tamén unha mención á súa faceta futbolística. Cheché Martín foi un lembrado xogador do Deportivo e do Barcelona, entre outros equipos, e tamén adestrou o club coruñés.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión