Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2019

Urbanismo creará no Parque Ofimático vivendas sociais de alugueiro nun edificio “interxeracional”

O concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada reuniuse hoxe cos responsables do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia)

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitou esta mañá a sede do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), onde se reuniu cos seus responsables para coñecer a súa opinión sobre o estado urbanístico da cidade e proxectos como o edificio social de alugueiro previsto no Parque Ofimático. Do bloque, o edil falou que queren que sexa emblemático, xa non desde o punto de vista arquitectónico, senón desde a funcionalidade para darlle un carácter interxeracional.

Neste aspecto, destacou que para construílo, necesitan un análise previo de forma que dea acubillo os maiores e a xuventude con espazos comúns: "Terá un alto compoñente social", sinalou e por iso, queren consultar ao colexio para seguir avanzando, igual que noutras cuestións como os traballos de rehabilitación da Cidade Vella, para o que a delegación coruñesa do COAG se incorporará nunha mesa co fin de testar a evolución da peonalización do barrio e consensuar o seu Plan de Dinamización e Revitalización. O COAG estará presente nunha segunda mesa para abordar temas de mobilidade.

Recuperarase así mesmo o foro da edificación con presenza de todos os axentes implicados na construción na cidade, desde un enfoque adaptado ás liñas mestras da Axenda Urbana Española.

LICENZAS

O concelleiro destacou o reforzo de Urbanismo en canto ás licenzas que xa está dando os seus froitos: "Iremos incorporando máis recursos progresivamente". Dos terreos da Maestranza, lembrou que o prazo legal remata o día 11 e que o Concello solicitou á Xunta unha ampliación da declaración BIC que "xa procede do ano 44 coa contorna das murallas e ese expediente xeraría unha suspensión de licenzas tamén". Mentres, falarán con Defensa para buscar unha situación que "nos convenzan no conxunto de equipamentos que ten o Ministerio na cidade".

Por último, Villoslada afirmou que se están cumprindo todos os compromisos que o Concello ten na mediación da sentenza do edificio Conde Fenosa, "desenvolvendo

tecnicamente a modificación puntual do plan, para deixar xa ben sinalado no planeamento como queda a situación do edificio e estamos preparando acordos cos propietarios sobre as declaracións patrimoniais", indicou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión