3 de maio de 2017
Unha carreira popular de carácter non oficial, que conta co apoio de múltiples institucións, entidades, empresas, asociacións etc.
A Asociación Contra o Cancro (AECC) e o Concello da Coruña organizan o próximo 4 de xuño de 2017 a VI CARREIRA CONTRA O CANCRO CORUÑA - "EN MARCHA CONTRA O CANCRO", a beneficio da AECC.
A saída terá lugar na zona do Obelisco e transcorrerá por circuíto urbano en dirección ao Parrote, Castelo de San Antón, Paseo Marítimo, xiro antes de chegar á rotonda de Adormideras; para regresar ao mesmo punto de saída no Obelisco, polo mesmo traxecto. Así mesmo realizarase unha carreira para menores con saída e meta no Obelisco, adaptando as distancias ás idades das persoas participantes.
Paralelamente e desde a mesma localización, darase a saída á MARCHA SOLIDARIA, un paseo aberto a todas aquelas persoas que queiran participar, desde 0 a 99 anos.
Inscricións
Pode consultar os percorridos nas seguintes ligazóns:
Nas carreiras, poderán participar atletas populares e federados:
|
CATEGORÍA |
DATA DE NACEMENTO |
|
|
Júnior |
nados/as en 1998 e 1999 |
|
|
Promesa |
nados/as en 1995, 1996 e 1997 |
|
|
Sénior |
Nados/as desde 1994 ata 34 anos |
Coa idade cumprida o día de realización da carreira |
|
Veteranos 1 |
de 35 a 40 anos |
|
|
Veteranos 2 |
de 41 a 49 anos |
|
|
Veteranos 3 |
de 50 a 59 anos |
|
|
Veteranos 4 |
de 60 anos en diante |
|
|
Cadeira de rodas |
Nados/as en 1998 e anos anteriores |
|
|
Xuvenil |
nados/as no ano 2000/2001 |
|
|
Cadete |
nados/as no ano 2002/2003 |
|
|
Infantil |
nados/as no ano 2004/2005 |
|
|
Alevín |
nados/as no ano 2006/2007 |
|
|
Benxamín |
nados/as no ano 2008/2009 |
|
|
Pre-benxamín |
nados/as no ano 2010 ata o 3/06/2011 |
Que teñan 6 anos cumpridos o día de realización da carreira |
|
MARCHA SOLIDARIA |
Para todas as idades e condición física |
É obrigatorio inscribirse e adquirir un dorsal |
Distancias de carreira e horarios de saída segundo categoría:
|
CATEGORÍA |
HORA* |
DISTANCIA |
|
ABSOLUTA |
10.30 |
6.450 m aprox. |
|
MARCHA SOLIDARIA |
10.45 |
1.850 m aprox. |
|
XUVENIL E CADETE |
11.35 |
2.000 m aprox. |
|
INFANTIL |
11.50 |
1.500 m aprox. |
|
ALEVÍN E BENXAMÍN |
12.05 |
500 m aprox. |
|
PREBENXAMÍNS |
13:00 |
180 m aprox. |
*Os horarios de saída son orientativos, e poderán sufrir variacións, en función do número de participantes por categoría. En calquera caso, os participantes deberán estar presentes na liña de saída polo menos con 10 minutos de antelación.

2 de decembro de 2025

30 de novembro de 2025

27 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible