Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de abril de 2015

Vídeo oficial da Nocturna da Torre de Hércules

O pasado 28 de marzo levouse a cabo a terceira cita desta edición do Coruña Corre. Aos pés da Torre de Hércules, e co soporte técnico do Club Coruña Comarca, realizouse a única carreira nocturna da cidade. Convidámosvos a ver a reportaxe e rememorar con iso unha das probas máis belas que se poden gozar na cidade.

O 28 de outubro foi a data da IV Carreira Popular Torre de Hércules, ecuador do circuíto municipal de carreiras populares. Alí estiveron, do mesmo xeito que en anteriores citas, o equipo de Meiga Audiovisual, para producir unha reportaxe que nos permitirá revivir a carreira.

Non pode haber mellor testemuña da que foi a única carreira nocturna da cidade co faro romano como guía, na que se bateu un novo récord de participación, cun total de 2604 participantes sumando todas as categorías, o que supón case mil máis que na súa anterior edición. Ademais de seleccionar as mellores imaxes da proba poderedes gozar das entrevistas aos primeiros clasificados.

Quedamos á espera de renovar o circuíto Coruña Corre o próximo 28 de xuño coa VIII Baixada Popular de Cros de San Pedro de Visma.

Acceda a través deste enlace ao vídeo da carreira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión