Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2020

Villoslada: “O fomento da rehabilitación como creadora de emprego de calidade e a sustentabilidade do sistema produtivo son claves do crecemento económico que desexa o Goberno local”

O edil de Urbanismo participou na inauguración do FORO Circuíto ANEER, que tivo lugar esta mañá no Centro Ágora e que ten como fin achegarlles ás persoas usuarias as claves da rehabilitación eficiente

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas, Mobilidade e Vivenda, Juan Díaz Villoslada, participou no acto inaugural do Foro Circuíto ANERR da Rehabilitación Eficiente, que tivo lugar esta mañá no Centro Ágora e no que tamén interviñeron o presidente de ANERR, Fernando Prieto, o director xeral de Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento, Javier Martín, e o director xeral de IGVS, Heriberto García Porto.

O obxectivo do Circuíto ANERR, impulsado pola Asociación Nacional de Empresas de Rehabilitación e Reforma, é cumprir coas expectativas de información e profesionalización que o sector, a cidadanía e as administracións públicas demandan para achegar a cultura da rehabilitación dunha maneira clara, eficiente e práctica.

Na súa intervención, o edil asegurou que a rehabilitación "é para este Goberno municipal un piar fundamental da política urbanística que queremos impulsar, polo tanto, a rehabilitación da cidade construída é a ponte entre o urbanismo e a mobilidade, as dúas áreas fundamentais desta concellería". Outro motivo do seu valor engadido é "a súa capacidade xeradora de gran cantidade de postos de traballo cualificado", ademais de ser sustentable, xa que "prima o mantemento fronte á demolición e á nova construción, mellorando o medio ambiente da cidade". "O fomento do emprego e a sustentabilidade do sistema produtivo son claves do crecemento económico que desexa o Goberno local", explicou.

O concelleiro tamén recordou que no Pleno que tivo lugar onte no concello tivo lugar a aprobación inicial da Ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas que simplificará o procedemento da ordenanza que está en vigor desde 2006 en canto á ordenación dos documentos e a tramitación de solicitudes. A nova norma implicará, ademais, unha mellora nas contías das subvencións e na definición técnica e orzamentaria destas actuacións.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión