Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2015

Viñetas desde o Atlántico dedicará este ano especial atención ás mulleres creadoras

O Salón do Cómic celebrará a súa XVIII edición entre o 10 e o 16 de agosto



A XVII edición do Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará entre o 10 e o 16 de agosto, achegará á cidade o traballo dun bo número de creadoras, segundo informou este martes o director do evento, Miguelanxo Prado, despois da reunión que mantivo co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. ?É interesante ver os moitos espazos que as mulleres foron ocupando no mundo da banda deseñada en España e Europa, espazos que os homes tiñan deixado libres durante moitos anos?, salientou Prado.

O obxectivo, tal como adiantou o alcalde tras o encontro co director do salón, é ?revitalizar o festival para que poida ser un referente da cidade, das festas e do cómic a nivel estatal?. Nesta edición, aos espazos expositivos de anos anteriores sumaranse algunhas galerías que van programar durante o mes de agosto en liña co encontro. ?Queremos recuperar o espírito de contaxio a outros espazos, incluso de fóra do ámbito do Concello?, avanzou Miguelanxo Prado, quen apostou por fortalecer esa relación facendo que Viñetas desde o Atlántico sexa ?caixa de resonancia? desas programacións paralelas. ?Pensamos que hai marxe para recuperar certo ton do festival e, sobre todo, devolverlle ese clima de acollida que ademais pega moi ben co lema da cidade?, engadiu.

Nesa liña, o concelleiro de Cultura subliñou o valor da cita coa banda deseñada como impulsora da creación local e apostou por reforzar a presenza do evento ao longo do ano. ?Queremos que se fale de cómic durante toda a tempada, non só en agosto?, sinalou Sande, quen abriu a porta á aparición dun ?espazo expositivo propio e permanente? para o cómic na cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión