7 de abril de 2015
"O emprendemento ás veces non se contempla como unha boa ferramenta para crear emprego e eu si creo que é útil"
O alcalde, Carlos Negreira, acompañado pola concelleira de Emprego e Empresa, Luisa Cid, visitaron onte luns as nosas instalacións no polígono da Grela.
Na visita, tiveron a oportunidade de charlar cos representantes das 12 empresas que actualmente forman parte da nosa comunidade de viveiristas.
O alcalde salientou a importancia do autoemprego como unha ferramenta fundamental da innovación da nosa sociedade e dos instrumentos que o Centro Municipal de Empresas da Grela pon a disposición dos emprendedores e emprendedoras para seguir apoiando e fomentando o emprendemento; espazo polo que pasaron 30 empresas dende a súa creación no 2010.
Actualmente, o Centro Municipal de Empresas da Grela está ao máximo da súa capacidade. As empresas que forman parte del dispoñen dun máximo de tres anos para desenvolver o seu negocio neste espazo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible