Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2025

Volve a actividade ‘Durmindo con tiburóns’ ao Aquarium Finisterrae, con dúas sesións previstas no mes de xuño

Un ano máis, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza esta iniciativa coa colaboración do Concello. A preinscrición abrirase o vindeiro luns 19 de maio

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización da actividade 'Durmindo con tiburóns', que se levará a cabo no Aquarium Finisterrae e na que nenos e nenas de entre 10 e 12 anos realizarán obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns e durmirán na sala Nautilus rodeados de peixes.

Convocaranse dúas sesións para o vindeiro mes de xuño, dirixidas a nenas e nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas e desenvolverase nun horario que se estende desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para as dúas sesións, que serán o 13 e o 27 de xuño, abrirase en liña ás 9.00 horas do luns 19 de maio, no seguinte formulario: https://forms.gle/3ptDmc1qFnqzd1EC8.

O prezo da actividade é de 45 euros. Para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros. Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal e deberá levar a súa propia comida e utensilios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión