1 de decembro de 2022
Cinco obras conforman o certame, que se desenvolverá do 23 ao 29 de decembro
As localidades poden adquirirse na praza de Ourense ou a través da web www.corunacultura.sacatuentrada.es
Xa se poden adquirir as entradas para asistir o Festival de Títeres de Nadal do Fórum Metropolitano, que se desenvolverá do 23 ao 29 de decembro no centro cultural dependente do Concello.
Serán cinco os espectáculos que haberá no festival, dirixidos todos eles a un público familar e infantil. As entradas están a venda no despacho de billetes da praza de Ourense e a través da web www.corunacultura.sacatuentrada.es, con prezos de dous e tres euros, ademais de habilitarse un abono familiar.
"La ratita presumida", de Tropos Teatro de Títeres; "La mona Simona", de La Sonrisa de Lagarto; "Saga de Flin Havardr", de Teatro Marionetas Trécola; "Chinchulina y el Ruiseñor de la China", de La Canica Teatro; y "Güela-Güela", de Galitoon, son as obras que se representarán dentro de este ciclo, con espectáculos que inclúen monicreques, sombras chinesas, marionetas de fíos, música en directo e danzas de oriente.
O festival forma parte da programación elaborado polo Concello da Coruña dentro das actividades de Nadal, que teñen unha especial orientación ao público infantil e familiar.
CALENDARIO DO FESTIVAL DE TÍTERES NADAL DO FÓRUM METROPOLITANO
Máis Información: www.coruna.gal/cultura
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible