3 de diciembre de 2025
Inés Rey: “Xoel é importante non só pola transcendencia das súas cancións, senón pola sintonía e conexión que teñen as súas letras coa Coruña”
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde a Xoel López para amosarlle a súa figura do Belén Municipal, que se incorporará este ano á extensa colección de personalidades que poboan o nacemento de María Pita o vindeiro venres 12 de decembro. Acompañado polos seus pais, o artista coruñés asinou no libro de ouro do Concello e ofreceu unha pequena actuación no Palacio Municipal de María Pita.
"Xoel López é importante non só pola transcendencia das súas cancións, auténticos himnos do pop nacional, senón pola sintonía e a conexión que teñen as súas letras coa Coruña", indicou Inés Rey. A alcaldesa destacou a traxectoria do coruñés, que o levou a actuar nos recintos máis importantes da cidade, como o estadio municipal de Riazor, a praia de Riazor, a praza de María Pita, o Coliseum ou diversas salas e espazos culturais.
O Belén Municipal abrirá as súas portas na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita o vindeiro venres 12 de decembro. O horario xeral de apertura será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Iso si, como todos os anos, haberá horarios específicos en datas sinaladas. O 24 de decembro (só horario de mañá), o 25 de decembro (só en horario de tarde), o 31 de decembro (só en horario de mañá), o 1 de xaneiro (só en horario de tarde), o 5 de xaneiro (só en horario de mañá) e o 6 de xaneiro (só en horario de tarde).

29 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025

11 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible