16 de xaneiro de 2026
O encontro busca xerar un espazo de reflexión sobre como os datos poden converterse en activos estratéxicos capaces de achegar valor real á cidadanía e ao tecido económico local.
O CEOD da Coruña presenta a xornada teórico-práctica Economía do dato como motor de transformación local, co obxectivo de indagar neste ámbito e as súas aplicacións nas administracións, empresas e territorio.
O obxectivo é dar visibilidade a iniciativas e entidades que traballan no ámbito do dato, así como fomentar a colaboración e o intercambio de experiencias entre administración, empresas, universidade e outros axentes do territorio. O encontro busca xerar un espazo de reflexión sobre como os datos poden converterse en activos estratéxicos capaces de achegar valor real á cidadanía e ao tecido económico local.
Este evento terá lugar o 4 de febreiro de 11:30 a 14:00 no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio (Praza Papagaio, s/n, A Coruña).
As inscricións realízanse na seguinte ligazón: Inscrición
Podes consultar o programa do evento aquí: Programa do evento
Centro Municipal de Empresas - Accede Papagaio. Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible