Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de agosto de 2015

Xulio Ferreiro amosa a súa disposición a colaborar co Concello de Arteixo

Queremos estreitar os lazos coa área metropolitana, afirmou o rexedor da Coruña tras recibir en María Pita a Carlos Calvelo



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste martes co rexedor de Arteixo, Carlos Calvelo, e o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira, para falar sobre a posibilidade de asinar un convenio coa empresa municipal de augas da Coruña que supoña un aforro para o concello veciño. A proposta será estudada e vai na liña que desde o principio leva este Goberno municipal, “estreitar os lazos coa área metropolitana, prestar colaboración cos concellos e seguir creando comarca, área metropolitana”, segundo Ferreiro.

O Concello de Arteixo tamén presentou outros proxectos ao da Coruña, relacionados con melloras na rede de abastecemento e que precisarían colaboración da Coruña: “Este Concello ten que asumir o papel que debe asumir na área metropolitana, que é o de colaborar co resto dos concellos”, apuntou ao respecto Xulio Ferreiro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión