Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2015

Xulio Ferreiro defínese como "alumno da cidade"

O novo alcalde participou dunha homenaxe á matemática coruñesa María Wonenburger no cabodano do seu falecemento.



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou na mañá deste domingo na homenaxe que se lle realizou no Paseo da Ciencia do Parque de Santa Margarita á matemática coruñesa nacida en Oleiros María Wonenburger, no primeiro cabodano do seu falecemento. No acto, no que estivo acompañado polo concelleiro de Culturas, Deportes e Coñecemento, José Manuel Sande, participaron os científicos Tino Fraga e Ana Tarrío, que agradeceron a presenza de Ferreiro no que era a súa primeira aparición pública despois da xornada de investidura do día anterior. “O alcalde está hoxe onde ten que estar, nunha homenaxe á ciencia, ao coñecemento e a unha das coruñesas máis ilustres”, indicou durante a súa intervención.

“Hai un día chegamos ao goberno local unha nova xeración; pero novidade non significa que non teñamos memoria. E a nosa memoria ten moito que ver con figuras como a de María Wonenburger, que nos demostra que antes que nós houbo moitos coruñesas e coruñeses que loitaron por un mundo máis xusto”, afirmou Ferreiro, que tamén destacou a faceta “rebelde” da homenaxeada, especialmente pola súa condición de muller, xa que “as mulleres no seu tempo pero tamén agora seguen a ser consideradas intrusas nalgúns ámbitos, sufrindo teitos de cristal que impiden alcanzar as cotas de igualdade que debería haber na sociedade”.

O alcalde da Coruña lembrou a súa condición de profesor pero tamén se reivindicou nesta nova etapa como “alumno”. “Todos os días hai que aproveitalos para aprender, dende onte eu son alumno da cidade e de xente como María Wonenburger”, dixo. Tras participar na homenaxe á prestixiosa matemática falecida, Xulio Ferreiro acudiu a un programa de radio no que respondeu durante case dúas horas ás preguntas da cidadanía.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión