Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de outubro de 2015

Xulio Ferreiro visita a fábrica de Estrella Galicia, empresa coa que aposta por manter unha fluída colaboración

O alcalde da Coruña insistiu no interese do Concello pola industria local e a creación de postos de traballo e impulsará proxectos nese sentido coa cervexeira, cuxo traballo louvou tras a xuntanza con Ignacio Rivera

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou este mércores a fábrica de Estrella Galicia no polígono de Agrela, onde foi recibido por Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera, así como por Antonio Castelo, Director Xeral, e Antonio Viejo, Director de Relacións Institucionais. Despois de pasear polas instalacións, Ferreiro cualificou de “grande empresa da cidade” á cervexeira e quixo reafirmar o apoio do seu goberno “á industria local e á creación de postos de traballo, cuestión esta última que significa unha prioridade absoluta para nós e un obxectivo no que traballaremos man a man con todas aquelas institucións e compañías que estean na mesma liña, como pode ser a que hoxe visitamos”.

Nun encontro que cualificou de “frutífero e con moi bo entendemento”, o alcalde asegurou que “desde o Concello da Coruña apostamos por manter unha fluída colaboración con Hijos de Rivera, existindo disposición por ambas partes para impulsar e axilizar proxectos que supoñan riqueza para a cidade así como por explorar a posibilidade de ampliar os posibles campos de traballo en común”.

Ferreiro, por último, destacou a cordialidade que existía e existe nas relacións entre o novo goberno local e a dirección de Estrella Galicia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión