Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2017

Xustiza Social pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa ‘Cans e Letras’, destinado a mellorar a integración e as habilidades lectoras de alumnado con necesidades especiais

A concelleira Silvia Cameán destacou a posta en marcha desta actividade “fundamental no traballo cara a inclusión das diversidades no ámbito escolar”, que se desenvolve, nunhas poucas cidades do Estado, con animais especialmente adestrados e que na Coruña se levará a cabo nos centros Nosa Señora do Rosario e Nosa Señora de Lourdes

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes onde este curso, e xunto co tamén CEE Nosa Señora do Rosario, se desenvolverá o programa escolar Cans e Letras, que ten como obxectivo mellorar tanto a integración como a habilidade lectora de alumnado con distintas diversidades. Na súa segunda edición, este programa, que só se desenvolve nunhas cantas cidades do Estado (Madrid, Alacante, Lugo, Murcia, A Rioxa e Zaragoza, ademais da Coruña), beneficiará a 12 rapaces e rapazas con problemas de aprendizaxe. "Estamos especialmente satisfeitas de poder contar, un ano máis, con este programa que se basea en sesións de lectura semanais que se desenvolverán durante sete semanas, dende outubro até decembro, e que están especialmente dirixidas a alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Esta actividade utiliza a técnica READ (Reading Education Assistance Dogs), que consiste na utilización de cans, adestrados por especialistas que os acompañan nas sesións, para favorecer o achegamento á lectura por medio da conexión emocional que se estabelece entre o can e o alumnado", comentou a responsable municipal.

A edil explicou que, precisamente, "a boa acollida que tivo o ano pasado o programa Cans e Letras fixo que este curso dende o Concello decidísemos non só apostar de novo por el, senón amplialo, ao pasar a desenvolverse en dous centros de educación especial, na vez de só nun". "Este goberno non deixa a ninguén atrás. Cremos que é moi importante poñer en marcha ferramentas especialmente encamiñadas á integración do alumnado con necesidades especiais, e así o estamos a facer", salientou a concelleira.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión