Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2024

Yoya Neira anima a ACOFIFA a seguir traballando pola visibilidade da fibromialxia

A asociación conta cunha axuda municipal de 10.000 euros para o desenvolvemento da súa actividade nos novos Orzamentos

A concelleira responsable da área de Benestar Social, Yoya Neira, visitou hoxe a sede da Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple (ACOFIFA) situada no Centro Cívico de San Diego.

A asociación, que conta cun novo convenio por importe de 10.000 euros con cargo aos Orzamentos Municipais de 2024 para o desenvolvemento da súa actividade, ofrece asistencia psicolóxica aos pacientes de fibromialxia e as súas familias e realiza actividades de divulgación.

Neira animou á presidenta de ACOFIFA, Bibiana Pérez, a manter o labor que levan realizando desde o seu nacemento, hai máis de 20 anos, para sensibilizar á sociedade sobre unhas doenzas de difícil diagnóstico e tratamento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión