Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2020

Yoya Neira inaugura a mostra “Referentes Trans” na Casa Museo Casares Quiroga

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación agradeceu o labor dos colectivos que traballan constantemente no activismo por este tipo de actividades que son “unha mostra de vida, un exemplo de loita pola visibilización e polos dereitos das persoas trans”

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asistiu esta mañá na Casa Museo Casares Quiroga á inauguración da exposición "Referentes Trans", unha exposición que se poderá visitar até o 15 de novembro e que busca visibilizar, dar exemplo e empoderar persoas trans a través da biografía de diversos referentes do colectivo.

A concelleira agradeceu o labor dos colectivos que traballan constantemente no activismo, "para min é un orgullo inaugurar hoxe esta exposición de 18 imaxes que son unha mostra de vida, un exemplo de loita pola visibilización e polos dereitos" e, sinalou, "anímovos a que sigades traballando en actividades arredor deste día, o Día Internacional pola Despatoloxización das realidades Trans, que se celebra desde o ano 2009".

No acto tamén participou Alejandra, unha nena transexual de 11 anos que lle agradeceu tanto ao concello como a Yoya Neira "a súa implicación para que esta mostra chegue á cidade da Coruña". Alejandra referiuse á exposición como "a visibilización de persoas que no seu día a día fan visible o invisible".

Os actos desta conmemoración completaríanse coas charlas "Realidades Trans", no Centro Cívico da Cidade Vella mais, debido ás novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia para evitar a propagación da Covid-19, decidiuse cancelalas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión