Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que é un plan sectorial?

Poden referirse a proxectos a curto, medio e mesmo longo prazo en ámbitos como:

  • o educativo e de atención social
  • planificación urbanística e dereito á vivenda
  • desenvolvemento sustentable
  • innovación tecnolóxica

Aquí tes unha mostra dos existentes:

Pacto Local polo Emprego

Ten como obxectivo promover a cooperación dos axentes locais -administración local, axentes sociais e económicos e outras entidades- no deseño e coordinación de accións en favor do emprego.

O Pacto Local polo Emprego posibilitou a creación dunha Rede de apoio á demanda de emprego na cidade da Coruña, denominada "Rede Coruña Emprega", configurada polas principais entidades públicas e privadas do territorio, baseada no compromiso, a concertación, o benestar social, a innovación e a calidade.

Temporalidade de planificación 2013-2015. En revisión para o período 2015-2020

+ INFORMACION

Pacto dos Alcaldes (Estratexia local contra o cambio climático)

A través da presente estratexia local fronte ao cambio climático, o Concello da Coruña propón toda unha serie de actuacións dirixidas a unha redución efectiva dos gases de efecto invernadoiro producidos no municipio pola actividade urbana, contribuíndo desa maneira a cumprir cos obxectivos fixados no Pacto dos Alcaldes, incluíndose tamén outras medidas de fomento dirixidas a outros sectores, como o industrial.

A estratexia local propoñerá toda unha serie de actuacións que contribúan a mitigar os efectos do cambio climático garantindo así o benestar da cidadanía.

Temporalidade de planificación: 2014-2020

+ INFORMACIÓN

Oficina contra o cambio climático

Esta oficina nace coa vocación de servir de ligazón entre os diferentes organismos institucionais que traballan polo medio ambiente e os veciños e as veciñas da Coruña. Pretende desenvolver os compromisos establecidos tras a adhesión do municipio ao Pacto dos Alcaldes, así como para velar pola efectiva implantación e seguimento da Estratexia Contra o Cambio Climático da Coruña.

+ INFORMACIÓN

Estratexia Enerxética 2012-2016. Horizonte 2020

No seu recente documento de consulta sobre a estratexia futura "UE 2020", a Comisión Europea inclúe, como unha das tres prioridades, a "creación dunha economía competitiva, interconectada e máis verde". Desde a UE viñéronse realizando actuacións dirixidas ao ámbito local, e concretáronse os esforzos na posta en marcha en xaneiro de 2008 dunha das iniciativas máis ambiciosas na loita contra o quecemento global, o Pacto de Alcaldes. Este pacto consiste no compromiso oficial das cidades adheridas a cumprir no seu territorio os obxectivos comunitarios de redución das emisións de CO2 mediante actuacións de eficiencia enerxética e a utilización de fontes renovables de enerxía. A Coruña está entre os concellos pertencentes á rede que abordaron a elaboración de plans de redución de emisións de GEIs.

O documento realizado polo Concello da Coruña divídese en dúas partes: na primeira realízase unha análise sobre a situación actual, mentres que na segunda defínense obxectivos e metas para alcanzar en 2020 para reducir o consumo enerxético municipal e, en consecuencia, as emisións de CO2 entre un 20 e un 30%.

+ INFORMACIÓN

Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) 2013

Este plan é un instrumento potente para a xestión da cidade e a configuración das "formas urbanas" dela. Con todo, non é o único elemento que intervén, porque moitas das accións que transforman e forman as nosas cidades infórmanse e toman fóra do plan. En calquera caso, a coherencia entre as accións urbanizadoras e de mellora urbana conseguen mellores resultados cando se producen dunha maneira integrada entre elas: aí o plan ten un rol insubstituíble.

+ INFORMACIÓN

Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescaría (PEPRI)

A revisión e adaptación deste plan especial pretende profundar nunha protección integrada no ámbito obxecto de planificación, no marco da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña e na súa tripla consideración como plan de protección, plan urbanístico e plan de rehabilitación que define o seu contido e alcance. Área urbana considerada: Cidade Vella-As Atochas-Pescaría (1,699 edificios diferenciado en 4 áreas). Aprobouse definitivamente o 26 de xaneiro de 2015.

+ INFORMACIÓN

Axenda Dixital da Coruña - Smart City

Este documento é a folla de ruta para seguir para potenciar o uso das novas tecnoloxías dixitais. A súa meta final é a de servir como soporte na consecución dos obxectivos de desenvolvemento institucional e socioeconómico da cidade e de incremento na calidade de vida. Desta forma, o plan estratéxico da cidade que nos conducirá cara a 'A Coruña Futura' estará apoiado e reforzado, no plano tecnolóxico, pola Axenda Dixital da Coruña. Unha nova forma de concibir o uso das novas tecnoloxías, entendido como un factor imprescindible para acadar os retos que se marca A Coruña para o futuro.

Temporalidade de planificación: 2012-2020

+ INFORMACIÓN

A Coruña como Cidade da Ciencia e a Innovación

Na memoria para a candidatura da Coruña como cidade da ciencia e a innovación preséntase unha análise expositiva do sistema local de innovación da cidade da Coruña e os distintos elementos que o conforman. Os ditos elementos son:

  • o sistema público de I+D+i
  • a empresa
  • organismos de soporte
  • a Administración pública
  • a contorna

+ INFORMACIÓN

Plan municipal de emprego e economía social 2016

Este plan parte dun enfoque integrado que incorpora diferentes dimensións do desenvolvemento económico local: o social, o político, e institucional, o cultural e o ambiental. Superando o modelo asistencial, esta estratexia trataría de mellorar as condicións de vida da cidadanía e, en especial, dos colectivos máis vulnerables, incorporando unha visión compartida do territorio polos diferentes actores locais, públicos e privados (administración, sindicatos, asociacións, empresariado, entidades educativas e do terceiro sector etc.), tratando de incorporalos ao plan participando de forma activa na promoción dun emprego de calidade e deseñando unha estrutura de traballo en rede para o seu desenvolvemento, contando coas entidades sociais expertas en políticas activas de promoción do emprego para que participen no seu deseño. O Plan municipal de emprego define, ademais, as áreas prioritarias de intervención.

+ INFORMACIÓN

Plan de xestión de residuos municipal

Este Plan de xestión de residuos urbanos da Coruña fundaméntase na idea de que reutilizar e reciclar é vital se queremos conservar os nosos recursos. Con este plan, todas as coruñesas e os coruñeses dámoslle un novo valor a todo o que nos sobra, a través dun proceso cultural no que somos parte activa e o que o máximo respecto á natureza e ao medio ambiente é o principio que o rexe.

+ INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión