Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ordenanzas municipais

Unha ordenanza é unha disposición ou mandato. É un tipo de norma xurídica que forma parte dun regulamento e que está subordinada a unha lei. A ordenanza municipal é aquela ditada pola máxima autoridade dun concello (alcalde ou alcaldesa) con validez dentro do municipio ou territorio.

Tradicionalmente fálase de "ordenanzas" para referirse ás normas municipais con efectos sobre a cidadanía e de "regulamentos" para as normas internas, de autoorganización. Con todo trátase de dous termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria elaboradas polo Pleno dun Concello.

A aprobación das ordenanzas e regulamentos municipais, en xeral, axústase ao procedemento recollido no art. 49 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local de 1985 (LRBRL) e as súas modificacións posteriores, e resúmese en:

  • aprobación inicial polo Pleno.
  • información pública e audiencia ás persoas interesadas polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións.
  • resolución das reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo, e aprobación definitiva polo Pleno. Se non se formulou ningunha alegación considerarase definitivamente aprobada.

Na seguinte ligazón poderás consultar as ordenanzas municipais, ben na súa totalidade, ben utilizando o buscador despregable que che permitirá filtralas por temáticas ou áreas:

Procura de ordenanzas municipais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión