O portavoz socialista, José Manuel García, anuncia unha moción para que se elabore un prego que recolla as necesidades ambientais da cidade e se garanta o cadro de persoal. Considera preocupante que o Concello non saiba que facer cos seus residuos e deixe en mans do Consello Consultivo a data de vencemento da concesión
O Partido Socialista levará a pleno os problemas de xestión da planta de Nostián. O portavoz socialista, José Manuel García, adiantou a presentación dunha moción para que o Concello e Albada sexan capaces de acadar un acordo sobre o funcionamento das instalacións mentres dura a concesión e co fin de que se elabore un novo prego que recolla as necesidades ambientais da cidade, que se adapte ás novas esixencias técnicas e garanta a estabilidade do persoal.
Tras unha reunión recente entre o PSOE e as persoas traballadoras de Nostián, o portavoz socialista puxo sobre a mesa o momento complicado que atravesa a planta, na que a empresa concesionaria se quere ir porque di que as contas non lle dan e o Concello non quere que se vaia pero tampouco ten un plan alternativo. Polo medio, o problema da xestión dos residuos e o problema do persoal, unhas 100 persoas traballadoras ameazadas por despedimentos e rebaixas salariais dun 18%.
José Manuel García chamou a atención sobre esta situación e denunciou un problema grave de xestión do Concello, que deixou en mans do Consello Consultivo a decisión sobre a data de vencemento da concesión e carece de estratexia para dar solución aos residuos da cidade.
Hai tres alternativas para os residuos que se rexeitan, como son a incineración; a incineración máis un vertedoiro, e o vertedoiro sen incineración. Agora os residuos que se rexeitan na cidade van a un vertedoiro privado, que é a peor das solucións, e o goberno local non ten alternativa mentres espera o ditame do Consello Consultivo, déalle a razón ao Concello ou déalla a Albada.
Por iso, os socialistas levaremos unha moción ao pleno co fin de que se poña a traballar xa nun novo prego que recolla necesidades e cuestións técnicas, así como garantías para o persoal co fin de que estea preparado para adxudicar de novo a concesión da xestión da planta para o momento no que finalice a actual, con Albada ou sen ela.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
4 de maio de 2018
O portavoz socialista pídelle ao goberno que acondicione este espazo para a campaña de verán e medidas para atender a este sector turístico en alza. Marea Atlántica segue sen cumprir unha moción do PSOE aprobada por unanimidade de todos os grupos en outubro de 2017 para mellorar esta zona
27 de abril de 2018
23 de abril de 2018
19 de abril de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible