·O Grupo Popular esíxelle a Ferreiro que explique cando licitará os servizos que se están prestando sen contrato e pagando con reparo de legalidade suspensivo e que manteñen na incerteza a centos de traballadores/as.
·Os populares preguntaranlle a Ferreiro polo desastroso balance da actividade da Policía Local en 2016 debido á súa permisividade cos okupas ilegais e á súa pasividade á hora de facer cumprir as ordenanzas.
·O PP presentou unha pregunta oral para saber quen lle pagou a Ferreiro a viaxe a Madrid ao Congreso dos Deputados onde foi sorprendido xogando ao Candy Crush.
A portavoz do Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, compareceu ante os medios de comunicación para anunciar diversas iniciativas que presentarán no Pleno ordinario de xuño, que se realizará o vindeiro luns.
O PP presentou unha pregunta oral a Ferreiro para saber cando ten previsto licitar todos aqueles servizos que se están prestando sen contrato e pagando con reparo de legalidade suspensivo de Intervención e que manteñen na incerteza a máis de trescentos/as traballadores/as de empresas ás que xa se pagaron de maneira irregular máis de 7 millóns de euros.
Hai máis de sesenta traballadores/as de bibliotecas sen que a empresa teña contrato desde novembro e levan xa máis dun millón de euros pagados con facturas irregulares e o contrato de recollida de lixos finalizou en xaneiro sen que se licitase. Son 130 traballadores e xa se pagaron de maneira irregular 4,5 millóns.
O mesmo sucede con servizos complementarios de instalacións deportivas, sen contrato desde setembro, máis de setenta traballadores/as e máis dun millón de euros pagados con facturas irregulares; mantemento de aseos públicos, sen contrato desde decembro, con 13 traballadores/as e máis de 120.000 euros pagados; limpeza e conserxería de varios centros cívicos, con 17 traballadores e máis de 160.000 euros pagados; atención ao público de Museos Científicos, con 31 traballadores/as e máis de 100.000 euros pagados.
ACTIVIDADE POLICÍA LOCAL
O PP presentou outra pregunta oral para que Ferreiro explique o desastroso balance da actividade da Policía Local en 2016 pola súa permisividade cos okupas ilegais e a súa pasividade á hora de facer cumprir as ordenanzas.
Ferreiro foi permisivo en exceso con quen incumpre as normas de circulación, ao descender un 35% o número de multas. Dentro destas sancións, diminuíron as da dobre fila un 74% a pesar de ser un dos grandes problemas de mobilidade da cidade.
Sobre infraccións administrativas, os comisos por venda ambulante ilegal reducíronse un 60%, as denuncias pola venda ilegal un 70%, un 40% o control sobre o cumprimento da ordenanza de ruídos e un 52% o control de horarios.
O desastroso balance tamén chega a temas como recursos humanos, o material ou formación. Así, reduciuse un 5% o persoal das Unidades de Distritos; diminuíu un 95% o número de vehículos adquiridos para a policía e reducíronse nun 58% os colexios participantes en accións de formación viaria.
VIAXE A MADRID
Por último, o PP presentou unha pregunta oral para saber quen lle pagou a Ferreiro a viaxe a Madrid ao Congreso onde foi sorprendido xogando ao Candy Crush porque non tería xustificación que llo pagasen todos os coruñeses e coruñesas para xogar coa tableta e porque está máis tempo de viaxe para actos e reunións rebeldes que non achegan solucións aos problemas dos coruñeses e coruñesas que atendendo a cidadanía.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
12 de marzo de 2018
Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
7 de marzo de 2018
29 de maio de 2017
21 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible