Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE chama a atención sobre a falta de xestión de Marea, incapaz de reabrir o centro cívico de Santa Lucía despois dun ano

"Xa non sabemos que máis facer!", sinala o portavoz socialista, José Manuel García, despois de incorporar unha partida de 100.000 euros aos orzamentos no modificativo de xullo para acometer unha obra menor. O presidente da entidade veciñal A Barcarola, Juan Igrexas, denuncia que o centro pechou en decembro de 2016 pola caída duns cascotes e que a obra pendente de executar "non é o Escorial"

"Xa non sabemos que máis facer!", apuntou o portavoz socialista, José Manuel García, ás portas do centro cívico de Santa Lucía, pechado desde decembro de 2016 e pendente dunha obra menor de rehabilitación desde xullo de 2017. A finais do 2016 produciuse unha caída de cascotes que obrigou a precintar o inmoble; no verán do 2017 o PSOE incorporou unha partida de 100.000 euros aos orzamentos froito da negociación con Marea para distribuír os dividendos de Emalcsa; naquel momento calculabamos que a obra podería estar a finais do 2017, pero comezou o 2018 e os traballos nin sequera están adxudicados, polo que o Grupo Socialista non pode máis que chamar a atención pola dilación e reiterar o seu apoio á veciñanza.

Nesta liña, o presidente da asociación veciñal A Barcarola, Juan Iglesias, chamou a atención sobre o atraso acumulado dunha obra que "non é o Escorial" e que xa debería estar finalizada. Mentres, a entidade veciñal sofre un ano desprazada, primeiro suspendendo actividades e logo trasladándoas a San Diego e á sede de UXT, nunhas condicións que non son as mellores para unha asociación que este ano cumpre o seu 25 aniversario.

Unha vez máis, José Manuel García mantivo un encontro coa veciñanza ás portas do centro cívico para lembrar que en xullo do 2017 visitou o mesmo lugar para anunciar o investimento, coa confianza de que en breve podería reabrirse o centro, algo que non ocorreu.

Hoxe, o portavoz socialista mostrou a súa preocupación polo trato de Marea Atlántica ao movemento veciñal, ao que por unha banda se lle di unha cousa pero logo non se leva a cabo. De igual maneira, chamou a atención sobre a falta de xestión do goberno municipal e puxo en dúbida a súa capacidade, á vista de que leva un ano para reabrir un centro cívico pendente dunha obra menor que finalmente saíu a concurso por 86.000 euros. Neste sentido, pediulle a Marea que cumpra os compromisos adquiridos nos modificativos antes de formular outros novos.

Tal e como lembrou o presidente da asociación de veciños, Juan Iglesias, o centro pechouse en decembro do 2016 pola caída de cascotes do falso teito durante a realización dun campamento de Nadal de nenos e nenas. Desde entón, sen apenas comunicación do Concello, tiveron que trasladar a súa actividade ao centro cívico de San Diego.

"Dixéronnos que serían dous meses pero xa van máis de seis", dixo en xullo de 2017 Juan Iglesias, que lamentaba o trastorno para a veciñanza e a perda de alumnado nas actividades. Agora, en xaneiro do 2018, a situación mantense sen cambios: o centro pechado, as obras sen adxudicar e a actividade ao ralentí.

Unha vez máis, o presidente da asociación e un grupo de veciños agradeceron o compromiso do portavoz socialista e o traballo do PSOE para facer realidade este proxecto, que nalgún momento terá que executarse.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión