Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE denuncia que a Marea Atlántica incumpre o acordo para financiar os desprazamentos dos clubs fóra de Galicia

A concelleira socialista Pilar Neira advirte de que o Concello cambiou unha subvención que debía xestionar o Consorcio de Turismo para financiar as viaxes dos equipos por outras axudas feitas desde a Concellaría de Deportes sen respectar este criterio

A concelleira socialista Pilar Neira denunciou que a Marea Atlántica está a incumprir o acordo co Grupo Municipal Socialista para financiar os desprazamentos dos clubs coruñeses fóra de Galicia. Segundo este acordo, o Concello dispón dunha partida de 120.000 euros para subvencionar os equipos da cidade que nas súas distintas disciplinas teñen que viaxar fóra da comunidade. Esta axuda tíñase que administrar desde o Consorcio de Turismo xa que os clubs, a cambio, facían promoción da cidade alí onde xogaban.

Pero o acontecido ten pouco que ver co acordado entre PSOE e Marea Atlántica, pois a axuda non se tramitou desde o Consorcio de Turismo e si desde a Concellería de Deportes, que lonxe de convocar axudas para financiar os desprazamentos dos clubs convocou subvencións sen ter en conta este criterio, polo que as axudas distribuíronse entre distintos equipos deixando fóra a clubs que teñen a obriga de viaxar, causándolles un notable prexuízo e dificultando a súa economía.

Por outra banda, Pilar Neira lembra que as pistas polideportivas seguen sen ter un horario actualizado para a súa distribución entre os clubs deportivos, o que dificulta o traballo dos equipos e os adestramentos. Xa no último pleno, a concelleira socialista preguntou por esta cuestión, pero segue sen resposta.

Por todo isto, a edil Pilar Neira demándalle explicacións á Marea Atlántica e confía en que se resolvan estes problemas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión